23 mar. 2010

PÍDE UN DESEXO E SOPRA MOI FORTE...QUE XA É PRIMAVERA!

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles
nasín,
nuha alborada mainiña,
nunha alborada de
abril.

Por eso me chaman
Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para
todos,
sin ningunha para ti.

Des que te quixen,
ingrato,
todo acabou para min,
que eras para min todo,
miña groria ,
meu vivir.......

O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.

ROSALIA DE CASTRO .

No hay comentarios: