16 nov. 2013

SAPOCONCHOS PARA PECHAR A SEMANA...

O venres viñeron os axentes medioambientais a explicarnos a necesidade de coidar e protexer unha especie en perigo como é o sapoconcho común.
O que non esperábamos foi que trouxeran con eles diferentes especies de tartarugas...foi unha sorpresa moi emocionanteeee!!
Aprendemos un montón!!Gracias por visitarnos!!







PARABÉNS PARA ADRIANA QUE XA TEN 4 ANOS!!


7 nov. 2013

ESCRITURAS SIGNIFICATIVAS

Despois da semana dura de traballo facendo galletas, esta tocounos redactar a receita para que nas casas poidades copiala, pois sabemos que esas galletas gustaron moito!!
As escrituras son libres, é dicir, respetamos a etapa na que se atopa cada un.Son todas moi valiosas pois demostran que aprendemos cada dia un pouquiño máis e sempre dándolle significado a todo o que facemos na aula.
 ETAPA INDETERMINADA

                           
ETAPA SILÁBICA


 ETAPA ALFABÉTICA



FANTÁSTICO FRANCESCO TONUCCI

Permitideme hoxe publicar no blog unha entrada adicada a Francesco Tonucci, pensador, psicopedagogo e debuxante . Mestre dos mestres, o cal tiven oportunidade de coñecer fai tempo e admiro profundamente.
Nalgunhas titorias, algunhas familias preguntádesme cómo é  a metodoloxia que emprego na aula, cómo é iso de traballar con textos reais a lectoescritura ou cómo en infantil miramos un mapa, ou manexamos metros ,compás... ou mesmo deixamos que collan bichiños no patio...
Pinchade na imaxe e lede a entrevista, penso que é moi interesante.

  "Lo que necesitan los alumnos de hoy, que serán adultos mañana -en un mañana que nosotros no podemos conocer-, son herramientas y ganas de aprender."...Tonucci


1 nov. 2013

SEMANA DO SAMAÍN!!

Un ano máis volveunos visitar a bruxa Maruxa, e un ano máis a exposición de cabazas foi un espectáculo!! Pasamos a semana ensaiando unha canción terrorífica...a posta en escea foi todo un éxito, Maruxa non parou de rir!!!




Despois dunha semana dura de traballo conseguimos rematar unhas galletiñas que estaban deliciosas!! Esperamos que vos gustaran tanto coma a nós...case non chegan nin as migas!!










13 oct. 2013

CARTEIS: LECTOESCRITURA SIGNIFICATIVA, CON SENTIDO E UTILIDADE...

Na escola creamos ambientes alfabetizadores con textos que se empregan socialmente: contos, xornal, folletos...neste caso tocoulle o cartel. Invitamos a escribir e ler dende o momento que se entra na escola. Non buscamos facer lectores precoces senon que nun futuro poidan ter comprensión lectora , competencia lectora...
Neste caso os carteis fixémolos en grupiños e cada grupo puido elexir os materiais para crealo, empregaron desta forma técnicas moi diferentes e as texturas que se conseguiron foron preciosas!!


ÁRBORES: NACE O PRIMEIRO PROXECTO DESTE CURSO.

Preparamos os carteis que informan a todo aquel que entra na escola o que estamos a investigar e pedimos información as nosas familias sobre o tema...GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR, é realmente emocionante que toda a escola se implique nun mesmo obxectivo, seguro que disfrutamos un montón.