1 nov. 2016

CONTINENTES

Cando incluimos no propio xogo os elementos de aprendizaxe, entón si que podemos falar de verdadeira motivación e interese. Eso está pasando co traballo do mapa dos continentes: falamos de océanos, animais mariños, exóticos, de glaciares, situamos especies animais propias de cada continente, situamos monumentos históricos, falamos de cómo podemos chegar a outros continentes si por terra por mar por aire ,medios de transporte que poderiamos empregar,soñamos con viaxes que nos gustaría facer ,ou lugares onde nos gustaría vivir...
Foron de moitísima axuda as fotos aportadas por tódalas familias, ver a un familiar ao lado dunha iguana en américa do sur, ou a papá ó lado da torre de Pisa...axúdalles a atopar unha significatividade a algo abstracto como é o concepto do mapa, do mundo...para un neno/a tan pequeno.
Algúns animáronse a facer o seu propio mapa pero o realmente asombroso son os escenarios que crean para o xogo e velos crear o seu "mundo imaxinario".





O MEU LUGAR NO UNIVERSO...

Para entender que o universo o contén todo, a nós mesmos , que somos parte da natureza , que é algo increible a nosa existencia...presentamos esta actividade , que desta vez partiu dun fermosísimo conto  da editorial OQO " A miña primeira viaxe".
Non podemos pretender que un neno/a tan pequeno entenda un concepto tan abstracto do universo pero sí deixar a primeira semente prantada: a da motivación e a curiosidade.