30 mar. 2011

“ A PENSAR TAMÉN SE APRENDE ”

A través de diferentes obras de arte, neste caso de Fernando Botero pretendemos traballar na aula diferentes habilidades do pensamento:

- Percepción: observar e escoitar atentamente.
- Investigación: adiviñar, averiguar, formular hipótesis, buscar alternativas, seleccionar posibilidades e imaxinar.
- Conceptualización: formular conceptos precisos, comparar, definir.
- Razoamento: buscar e dar razóns, establecer criterios.
- Traducción: narrar o o que se vaia descubrindo.

O máis importante da actividade e que pouquiño a pouco todos/as vaian participando nesta actividade de reflexión en voz alta, que o fagan con agrado, que aprendan a facelo con orde e que as intervencións sexan cada vez máis creativas.
Tódalas conversas son gravadas para despois poder escoitalas e a mestra poder transcribilas.
A cada neno/a atribúeselle unha cor (será a mesma para todo o curso) que marca o texto que el produce. Desta forma eles sós saben buscar no diálogo a parte na que eles falaron (ainda que xa recoñecen o seu nome e os dos seus compañeiros)
Esta tamén é unha forma de amosarlle que o que se fala se pode escribir e ó revés, o que se escribe se pode ler.
Despois do diálogo propoñemos unha actividade, neste caso pintamos con lápices de acuarela o debuxo , puxemos o noso nome e libremente escribimos un nome ao noso debuxo.
O libriño con todo este traballo xa está preparado para viaxar as nosas casas.

21 mar. 2011

21 DE MARZO ,DIA DA POESIA.

Hoxe despedimos o Inverno ilustrando unha poesia de Xosé Maria Brea Segade "Noite de Inverno" . ¡Benvida Primavera!
Habia uns dias que a profe nola repetia en diferentes momentos...a hora do conto, durante a merenda...ao principio non entendiamos nada, pero pouco a pouco lle fomos dando significado as palabras que escoitabamos, e hoxe aprendemos que a este texto se lle chama poesia.
Seguiremos traballando este tipo de texto.

ESTA NOITE PASADA
A CHUVIA COS SEUS DEDOS
REPINICOU NOS VIDROS
E AS TELLAS DO TEITO.

18 mar. 2011

"QUÉROTE PAPÁ"

RETRATOS DOS PAPÁS DOS NENOS/AS DA AULA DE 4-5 ANOS



RETRATOS DOS PAPÁS DOS NENOS/AS DA AULA DE 3 ANOS

11 mar. 2011

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Este ano, o 8 de Marzo estabamos de vacacións desfrutando do Entroido , ainda así non deixamos de conmemorar o dia internacional da muller traballadora . Coas mulleres da obra de Carlos Maside e uns catálogos do supermercado fixemos estes collages.