23 dic. 2010

¡¡ BO NADAL FAMILIAS!! VÉMONOS EN 2011!!

Este nadal a nosa escola súmase á iniciativa de moitos colexios galegos de recuperar a figura do APALPADOR.
Como educadoras consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ó noso alumnado polo que vos pedimos colaboración para que lle abrades as portas das vosas casas a esta personaxe da nosa terra.
Deixamos un precioso traballo dos compañeiros/as do CEIP Barrié de la Maza -Santa Comba onde se ilustra moi ben a historia do Apalpador.
¡¡¡BO NADAL FAMILIAS!!!



VISITA SORPRESA!!!

UN ANO MÁIS ENCHÉMOLO AUDITORIO DE RISAS!

O importante e participar e pasalo ben, e o certo é, que nos quedan recordos moi bos e momentos de moitas risas... e senon mirade estas cariñas cheas de ledicia!
O fin e o cabo, o resultado é o que menos importa! Noraboa a todos/as porque o fixechedes moi ben!
¡Grazas familias pola vosa colaboración!

22 dic. 2010

Os nosos bonequiños Haring xogan coas estreliñas e felicitan o Nadal en língua galega!

HARING: CORPOS EN MOVEMENTO.

Descubrimos a obra de Keith Haring. Este artista debuxa corpos cunha liña moi sinxela , e ainda así consegue darlle movemento ás figuras e mesmo parece que interaccionan entre elas.


INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO CORPO

O último traballiño de investigación deste trimestre foi sobre o noso corpo.
Comezamos falando e apuntando todo o que xa sabiamos sobre nós mesmos: que temos 3 anos, que xa non somos bebés, que temos que estar limpos e non andar sucios, coñeciamos moitas partes do corpo: cabeza,barriga, pernas...
Despois puxémonos mans a obra, e quixemos comprobar moitos datos:
-Trouxemos patucos e calcetíns de cando éramos bebés e comparámolos cos nosos zapatos.

- Canto mido?

- Canto peso?

Todos estes datos fómolos recollendo en gráficas e murais que nos serviron para comparar tódo-los datos. Sempre baixo as nosas propias comprobacións resolvemos a pregunta de quén é o máis alto/a , o máis baixo/a, o que máis pesa...??




MURAL DAS PARTES DO CORPO.

CADA DIA MIRAMOS PEQUENAS CURTAS PARA ANIMAR O DIÁLOGO NA ASAMBLEA .