22 dic. 2010

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO CORPO

O último traballiño de investigación deste trimestre foi sobre o noso corpo.
Comezamos falando e apuntando todo o que xa sabiamos sobre nós mesmos: que temos 3 anos, que xa non somos bebés, que temos que estar limpos e non andar sucios, coñeciamos moitas partes do corpo: cabeza,barriga, pernas...
Despois puxémonos mans a obra, e quixemos comprobar moitos datos:
-Trouxemos patucos e calcetíns de cando éramos bebés e comparámolos cos nosos zapatos.

- Canto mido?

- Canto peso?

Todos estes datos fómolos recollendo en gráficas e murais que nos serviron para comparar tódo-los datos. Sempre baixo as nosas propias comprobacións resolvemos a pregunta de quén é o máis alto/a , o máis baixo/a, o que máis pesa...??




MURAL DAS PARTES DO CORPO.

CADA DIA MIRAMOS PEQUENAS CURTAS PARA ANIMAR O DIÁLOGO NA ASAMBLEA .











No hay comentarios: