15 de mar. de 2015

ESTE ANO TEMOS UNHA HORTA DE CONTO!!

Dende fai uns meses vimos prantando na nosa horta verduras que aparecen en diferentes contos da biblioteca, primeiro foi o conto de SOPA VERDE que nos dou pé para prantar brécol e coliflor e ainda que pola falta de sol quedáronnos moi pequeniñas puidemos ver como medraron e as diferenzas entre unha e outra verdura. Esta semana esperamos bo tempo para seguir coa nosa prantación!!...Xa andamos as voltas co COELLIÑO BRANCO...a ver si adiviñades que prantaremos...





16 de dic. de 2014

FIXEMOS PAN DE MILLO!!

O venres a mamá de Ana e Sofía enseñounos unha receita nova...a do Pan de Millo!!...Gracias tamén a avoa de Manuel e Juanfran que nos moeu unha pouca fariña milla e coa que fixemos uns boliños deliciosos!!
GRACIAS EN XERAL A TÓDALAS FAMILIAS QUE PARTICIPÁSTEDES NESTE PROXECTO.













15 de nov. de 2014

XOGAR A PENSAR...PENSAR CON LÓXICA, MATEMÁTICAS SIGNIFICATIVAS A PARTIR DUNHA RAIZ E DUN CADRADO.

Crea un cadrado con 4 pinchos azuis, crea un cadrado con 9 pinchos vermellos, con 16 pinchos verdes...¿podes construir un cadrado con 3 pinchos, e con 6...??
Unha vez feitos conta cantos pinchos ten o cadrado na súa raíz (base, pé, ...)
O cadrado de 4 pinchos ten 2, o de 9 pinchos ten 3, o de 16 pinchos ten 4...a alguén lle soa que operación estamos realizando ????