11 feb 2017

LECTOESCRITURA CON SIGNIFICADO, LECTOESCRITURA FEITA DENDE O CORAZÓN.

Sabedes familias que, dende fai xa uns meses, andamos moi interesados en coñecer especies de animais en perigo de extinción do noso planeta. Esto levounos a querer concienciar á xente máis próxima da necesidade de protexelos e tamén protexer o seu hábitat. Moitos destes animais non están no noso entorno próximo pero ainda así, preguntámonos cómo podemos axudar á súa conservación.
Fixemos carteis e colgámolos polo contorno da nosa escola , neles ademáis invitamos á xente a donar alimento de can e gato para logo levar a unha protectora . A cambio deste alimento , regalamos un mandala dos que facemos con tanto cariño na aula.
E AQUÍ A NOSA SORPRESA!! XA LEVAMOS MÁIS DE 200 KILOS RECOLLIDOS!!
¿Non é emocionante que un pequeno xesto implique a tanta xente? Os artífices desta campaña son nenos/as de 3, 4 e 5 anos que coas súas escrituras (moitas veces desvaloradas porque se corresponden a etapas previas á etapa alfabética  ) logran un xesto de paz tan grande. O segredo, poñerlle valor ao que fan, porque o fan dende o corazón.
Sen dúbida pensamos que será unha actividade que recordarán moito tempo porque estivo dotada de significado para eles.




 
 

No hay comentarios: