17 oct. 2011

SIMULACRO DE INCENDIO

O xoves pasado fomos ata o CEP de Carreira para ver en directo un simulacro de incendio. Viñeron os bombeiros, as ambulancias, policia e protección civil! Todo un espectáculo!!! Cando rematou todo, deixáronnos ver como é por dentro unha ambulancia e o camión de bombeiros. Desfrutamos moitííííísimooooo,mirade, mirade...


7 oct. 2011

EXPOSICIÓN DE ESCULTURA NA CASA DA CULTURA DE CARREIRA

Onte fixemos unha pequena saida ata a casa da cultura para ver a exposición de escultura titulada "14 LABIRINTOS".
A maioria das obras que se expoñen son figuras de animais , e ós nenos/as gustoulle moito!
Gústanos que en Carreira se fagan este tipo de actividades que apostan pola cultura e o arte.
Hoxe foi o momento de recordar e representar o vivido onte, e a partir da semana que ven comezaremos un proxecto no cal intentaremos achegar ós nenos/as a técnica da escultura.

Serán eles/as os verdadeiros escultores!



Estas son as esculturas que vimos:







6 oct. 2011

LECTOESCRITURA DE OUTONO

Andamos creando un abecedario con espigas recollidas na colleita deste outono. En uns dias amosaremolo completo.



4 oct. 2011

O "conto-canción" do Polo Pepe!!!!!!!



Esta semana levamos para a casa o noso primeiro traballiño deste curso, o "conto-canción" do Polo Pepe. Os máis pequenos ilustraron o texto e os maiores ademáis de ilustralo, xa puideron escribir algunhas palabras e frases do texto.
Deixamos un enlace para que poidades escoitar a canción e poder ensaiar cos vosos "poliños" na casa.