13 may. 2010

POEMANDO CON CALIGRAMAS

Este ano o dia das Letras Galegas está adicado ao poeta do Courel UXIO NOVONEIRA.

Entre toda a obra de Novoneira escollemos unha para traballar estes dias , os "Poemas Caligráficos" (1979).

Os caligramas son poemas que co mesmo texto van formando un debuxo.

Observando con detalle caligramas de diferentes autores (Guillaume Apollinaire,M.Millán,Joan Salvat Papasseit...) atopamos letras que xa coñecemos, este foi o primeiro paso para achegarnos a este tipo de poesia.

11 may. 2010

GÚSTANOS O CONTO DA EIRUGA LAMBETEIRA DO CEIP DE PALMEIRA!!!!


Nos contos do Rato Paco atopamos unha nova creación dos nenos e nenas do cole de Palmeira, o conto da "eiruga lambeteira".
Gracias por colgar o voso traballiño na rede e que os demáis o poidamos tamen disfrutar!
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/contosRatoPaco/eiruga/pulga_conto1.htm

10 may. 2010

EIRUGAS

Hoxe Pablo trouxo eirugas , vainolas deixar ter na escola para poder observalas, el mesmo vaise encargar de traer as follas de moreira, para que poidan comer tódolos dias folliñas frescas.
Despois de miralas e remiralas...contamos que eran 7 e que non todas tiñan o mesmo tamaño nin a mesma cor. Pablo xa sabia que os machos teñen raias negras e as femias son todas brancas.

MACHO FEMIA

9 may. 2010

NOMES E ANIMAIS FANTÁSTICOS

Comparamos os nosos nomes, preguntámosnos porqué son máis longos , máis curtos, por qué letra comezan, por cal rematan, se teñen algunha letra igual, cales son diferentes,...identificamos letras, identificamos palabras, contamos e asociamos un número a unha cantidade...e sen darnos conta xa nos iniciamos na suma.
Como sabedes andamos buscando imaxes que nos axuden a imaxinas como puido ser a cidade de Valverde, atopamos unha obra de Urbano Lugrís que nos encanta...pero que animal fantástico é este? un peixe, un dragón...

Estes son algúns dos nosos animais fantásticos de Valverde...e os seus nomes...

CANTARTARUGA

PORCOPEIXEPORCOTIGRE