25 may. 2011

SORPRESA!

Despois de 41 dias do nacemento da primeira eiruga , esta comeza a tecer o seu casulo. As nosas cabeciñas xa imaxinan como será a bolboreta que sairá de dentro...




PARTES DO CORPO

As eirugas xa están moi grandes e estámolas observando moi de cerca. Na enciclopedia de animais que temos na aula consultamos os nomes das partes do seu corpo. Algunhas partes teñen nomes coñecidos: cabeza, patas...pero outras non nos sonaban de nada: espolón, espiráculos...
Gracias á información da enciclopedia puidemos saber porque algunhas veces atopábamos as eirugas apoiadas sobre as patas de atrás coa cabeza en alto totalmente quietas...É porque están mudando a sua pel. Fano 4 veces durante a faser na que son vermes. Curioso non? nós pensabamos que só sufrian 1 transformación dentro do casulo.




24 may. 2011

VISITA O CEIP DE AGUIÑO.

O pasado venres fomos visitar os nenos/as do CEIP DE AGUIÑO. O chegar a profe Vane ensinounos a escola e firmamos nun libro xigante adicado a Lois Pereiro.
Despois sentamos na biblioteca e foron chegando os nenos/as coas suas mestras. Primeiro a mestra Teresa contounos o conto da "Pota que Trota" , despois a nosa profe Susana e os nenos/as de 4 5 anos presentaron o seu conto de "Croco" feito coas suas voces.A profe Rosa contou o conto que inventaron e ilustraron os nenos/as de 3 anos, e para pechar a sesión a profe Diana e a profe Uxia cos nenso/as das súas aulas desfilaron ó son dunha música moi divertida con unhas marionetas moi orixinais.
O rematar merendamostodos/as xuntos no patio facendo unha roda xigante.
Pasámolo moi ben, seguro que o ano que ven repetimos, pero desa volta a xuntanza será na nosa escola!!!!

13 may. 2011

LETRAS GALEGAS 2011:LOIS PEREIRO.



MARCAPÁXINAS LOIS PEREIRO.

CÓMO PODE SER QUE UNHA ZAPATILLA SEXA POR UNHAS HORAS O MELLOR XOGUETE DO MUNDO????

O xoves recibimos un regalo do cole de Aguiño...unha caixa chea ata arriba de zapatillas!!! Para que serán tantas zapatillas????....seguiremos explorando pero de momento son teléfonos, sombreiros, platillos, mans de rá, cazamoscas, micrófonos, patíns...UN VERDADEIRO TESOURO!!!


9 may. 2011

O venres no Parque onde merendamos atopamos 2 moreiras e non puidemos resistirnos e trouxémoslles folliñas frescas as nosas eirugas.Mirade que ben as coidamos,que fermosas están!

8 may. 2011

"CASAS", proxecto da aula de 3 anos.

Esta semana empezou a viaxar as casas dos nenos/As de 3 anos o proxecto que fixemos durante o 2º trimestre: "CASAS".
Un proxecto é saber sobre un tema, e para eso temos que investigar, buscar e recoller información . Aquí amosamos parte do noso traballo. Quero que vos fixedes nas escrituras que comezan a facer os nenos/as, pois un dos obxectivos importantes foi producir un texto, neste caso un texto expositivo o cal nos aporte información sobre o tema. Tamén amosamos algunhas das actividades relacionadas que fomos facendo ao longo do proxecto.
O final do libriño deixamos unhas páxinas para que poidades tamén vós escribir calquer comentario que poida enriquecer máis o traballo dos vosos pequenos.

Saida a Ribeira: exposición "Un mundo de títeres" e merenda no parque Pedra Pateira.