25 may. 2011

PARTES DO CORPO

As eirugas xa están moi grandes e estámolas observando moi de cerca. Na enciclopedia de animais que temos na aula consultamos os nomes das partes do seu corpo. Algunhas partes teñen nomes coñecidos: cabeza, patas...pero outras non nos sonaban de nada: espolón, espiráculos...
Gracias á información da enciclopedia puidemos saber porque algunhas veces atopábamos as eirugas apoiadas sobre as patas de atrás coa cabeza en alto totalmente quietas...É porque están mudando a sua pel. Fano 4 veces durante a faser na que son vermes. Curioso non? nós pensabamos que só sufrian 1 transformación dentro do casulo.




No hay comentarios: