24 may. 2011

VISITA O CEIP DE AGUIÑO.

O pasado venres fomos visitar os nenos/as do CEIP DE AGUIÑO. O chegar a profe Vane ensinounos a escola e firmamos nun libro xigante adicado a Lois Pereiro.
Despois sentamos na biblioteca e foron chegando os nenos/as coas suas mestras. Primeiro a mestra Teresa contounos o conto da "Pota que Trota" , despois a nosa profe Susana e os nenos/as de 4 5 anos presentaron o seu conto de "Croco" feito coas suas voces.A profe Rosa contou o conto que inventaron e ilustraron os nenos/as de 3 anos, e para pechar a sesión a profe Diana e a profe Uxia cos nenso/as das súas aulas desfilaron ó son dunha música moi divertida con unhas marionetas moi orixinais.
O rematar merendamostodos/as xuntos no patio facendo unha roda xigante.
Pasámolo moi ben, seguro que o ano que ven repetimos, pero desa volta a xuntanza será na nosa escola!!!!

No hay comentarios: