15 abr. 2011

XA SAIU DO OVO A PRIMEIRA EIRUGA!

Despois de pasar todo o outono e todo o inverno esperando, esta semana saiu do ovo a primeira eiruga. Foi todo un acontecemento na escola! Vímola no mesmo momento de sair...que emoción! Nas imaxes podedes ver como os demáis ovos xa teñen a forma do corpo da eiruga...están a punto!!

10 abr. 2011

A primavera ven cheiña de cores,pero ¿ que pasa cando as cores non se poden ver?... se escoitan, se ulen, se saborean, se tocan...

Atopamos este vídeo dun conto que temos nas aulas "El libro negro de los colores",dirixido a nenos/as cegos posto que ten o texto en Braille, e nenos/as que ven , pois desfrutan moito co texto e pasando os dedos polas ilustracións en relieve.

1 abr. 2011

FELIZ PRIMAVERA!!!

Teño, teño, teño
catro bolboretas.
Teño, teño, téñoas
caladas e quietas.
unha é vermella.
Outra, colorada.
A terceira,verde.
A cuarta, morada.


"A poesia necesaria" Antonio Garcia Teijeiro


ABECEDARIO DE FLORES



http://www.flickr.com/photos/geishaboy500/4733038204/in/photostream/