27 oct. 2014

PRIMEIRAS ACTIVIDADES : TRASBASES


Dende o primeiro dia que entramos na aula descubrimos xogos novos...os trasbases . Son bandexas con materiais moi variados que nos atraen moitísimo. Temos que collelos con moito coidado , buscar un sitio tranquilo para xogar, estirar o mantel e traballar nel o tempo que queiramos... despois recollelo no seu sitio tal como o atopei eu, porque a ninguén lle gusta atopar as cousas desordenadas verdade??
Traballamos a forza nas mans, nos dedos, a coordinación óculo-manual, o vocabulario, os primeiros conceptos matemáticos (cheo, baleiro, contar os que faltan...), a direccionalidade da escritura (esquerda -dereita), e sen dúbida traballamos a autonomia, concentración e o sentido do orden.







16 oct. 2014

CoraSONS!!

Os nosos CoraSons emprenden voo!! Pero non voamos sós , voamos xuntos, e así non temos medo... Xuntos debuxamos fermosas siluetas no ceo que quedarán para sempre no noso recordo e no noso CoraSon.
Benvida ós nosos pequerrechos/as!! ...Manuel G., David, Daniela, Ana, Manuel P., Álvaro, Sara e Alicia.