28 abr. 2010

QUEIXEIROS E QUEIXEIRAS POR UN DIA!

Hoxe era un dia moi esperado, pois fomos de excursión a unha queixeria en Touro, preto de Santiago.
Pasámolo pipa! Pero non pensedes que fomos de relax...non! Fomos a traballar!...e traballamos moito!
Alí coñecemos a Nino que nos ensinou todo o proceso de elaboración do queixo. Despois de facer o noso queixiño levounos de paseo pola carballeira, ven connosco o seu can Casper...que como tiña calor bañouse no rio!

27 abr. 2010

22 abr. 2010

VALVERDE DE MIL CORES

Andamos en busca de imaxes que nos axuden a imaxinar como puido ser a cidade de Valverde.
Temos moitas, pero ningunha nos convence de todo...asique, por suposto, lle damos o noso toque persoal...
Joan Miró deunos a primeira idea para crear a Valverde de mil cores...

Analizando o cadro, chegamos ás duas primeiras conclusións:
1ª temos que empregar varias cores.
2ª non misturaremos a pintura. Por iso, temos que respectar o traballo dos compañeiros/as e pintar nos espazos.



15 abr. 2010

TEMPO DE PLANTAR E SEMENTAR !!!


É tempo de plantar e de sementar e na Capela puxémonos mans a obra e o noso patio está cheo de xeranios.
Agora estamos aprendendo a ter paciencia...pois algún vai mirar tódolos dias si xa botaron flor...