30 mar. 2011

“ A PENSAR TAMÉN SE APRENDE ”

A través de diferentes obras de arte, neste caso de Fernando Botero pretendemos traballar na aula diferentes habilidades do pensamento:

- Percepción: observar e escoitar atentamente.
- Investigación: adiviñar, averiguar, formular hipótesis, buscar alternativas, seleccionar posibilidades e imaxinar.
- Conceptualización: formular conceptos precisos, comparar, definir.
- Razoamento: buscar e dar razóns, establecer criterios.
- Traducción: narrar o o que se vaia descubrindo.

O máis importante da actividade e que pouquiño a pouco todos/as vaian participando nesta actividade de reflexión en voz alta, que o fagan con agrado, que aprendan a facelo con orde e que as intervencións sexan cada vez máis creativas.
Tódalas conversas son gravadas para despois poder escoitalas e a mestra poder transcribilas.
A cada neno/a atribúeselle unha cor (será a mesma para todo o curso) que marca o texto que el produce. Desta forma eles sós saben buscar no diálogo a parte na que eles falaron (ainda que xa recoñecen o seu nome e os dos seus compañeiros)
Esta tamén é unha forma de amosarlle que o que se fala se pode escribir e ó revés, o que se escribe se pode ler.
Despois do diálogo propoñemos unha actividade, neste caso pintamos con lápices de acuarela o debuxo , puxemos o noso nome e libremente escribimos un nome ao noso debuxo.
O libriño con todo este traballo xa está preparado para viaxar as nosas casas.

1 comentario:

María José dijo...

Un traballo precioso, encántame e máis ainda cando os seus autores son tan pequechos. ¡eso sí teñen unha boa directora!