27 mar. 2010

SAIDA Ó PARQUE NATURAL

Onte démoslle fin ó 2º trimestre cunha saida ó parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixan.
Cando chegamos ó centro de interpretación un contacontos narrounos a historia de Pernileiro, un paxariño do parque que queria aprender a voar.
Despois leváronnos a dar un paseo polo parque , pola mesma ruta que Pernileiro e os seus amigos percorrian no conto.
Ainda que facia moito vento, desfrutamos moitísimo vendo e escoitando o mar da praia do Vilar...todo un espectáculo! Mirade...



A pesar da proximidade do parque á nosa Escola, este ainda é un gran descoñecido, por este motivo, á volta das vacacións seguiremos investigando sobre a flora e a fauna do parque e sobre a lenda da cidade de Valverde...¿alguén sabe desta cidade?

No hay comentarios: