9 mar. 2010

MULLERES TRABALLADORAS

A obra de Maruja Mallo " Sorpresa do trigo" foi o eixo motivador elexido este ano para conmemorar o dia da muller traballadora na nosa escola. Nesta obra pódese ver como das mans traballadoras desta muller xorde o trigo, o pan.
Esta é Maruja Mallo, pintora galega, que como moitas outras mulleres da historia son para a gran maioria descoñecidas, pero que merecen ser recordadas pola sua gran obra e por defender a liberdade das mulleres desafiando as convencións sociais da sua época.



Velaquí o resultado dos nosos collages



1 comentario:

romanlandin dijo...

Moi boas,

O voso blogue foi agregado ao Planeta ENDL, un sitio que permite acceder ás actualizacións dos blogues e webs dos equipos de normalización e doutros sitios da rede de interese para a lingua:

http://planetaki.com/normalizagaliza

Tamén vos inclúo nunha listaxe de blogues de ENDL que vou actualizando aos poucos no mue blogue:

http://www.cadernodelingua.wordpress.com/os-endl-movense-actualizacion/

Saúdos