29 may 2016

Para reflexionar..."La FLor"


Estes dias os nenos/as traen das casas un montón de información sobre o proxecto de "Casas". Algúns traen debuxos de casas , e estes debuxos fixéronme pensar sobre os modelos estereotipados que lle inculcamos aos cativos/as e a pouca capacidade de observación e liberdade creativa que lle brindamos. Unha vez máis caemos en valorar máis o fin estético que para nós está ben, é correcto ... e non no proceso creativo, no pracer de emocionarse con cada trazado no papel, en fin, no respecto á liberdade creadora de cada quén.
Non nos paramos a pensar tampouco no perigoso que pode ser...creamos, actuamos e pensamos por eles/as...freamos a autonomía e creamos unha dependencia maior da que precisan. 

No hay comentarios: