30 may 2014

VISITA DO ESCULTOR JONTXU ARGIBAY

Hoxe foi un venres especial na escola , visitounos o escultor Jontxu Argibay e ¡ENCANTOUNOS!.
Amosounos un montón de ferramentas coas que traballa, falounos dos materiais cos que fai as súas esculturas, o tempo que lle leva facelas...e un montón de cousas interesantes. Ademáis en directo fíxonos unha pequena escultura de agasallo para nós. Foi moi emocionante!
Ademáis como sabía que andábamos investigando sobre as árbores, quixo amosarnos como se talla a madeira con un tronco dos que temos na clase...todo un descubrimento!
En definitiva, unha mañán moi interesante...mirade,mirade!








No hay comentarios: