Queridas familias, un pouco máis tarde que de costume, arrancamos o blogue este curso escolar. Non atopo mellor maneira para comezar que compartir con todos vós unha das experiencias máis gratificantes que puiden vivir como mestra. O trimestre pasado visitou a aula Celine Haumery unha recoñecida guía montessori , referente mundial nesta metodoloxia , da cal, gracias ao seu asesoramento puiden aprender e perfeccionar os materiais e as actividades, pois lonxe de ser a nosa unha aula montessori , sí sacamos partido ao potencial tan grande destes materiais e desta filosofía.
Deixovos un documental no que Celine participa e que a min particularmente me fai reflexionar moito sobre os diferentes modelos educativos .
1 comentario:
Precioso documental e un modo excepcional de reiniciar o blog. Parabens
Publicar un comentario