29 sept 2013

EMPEZAMOS O CURSO CON GANAS!!

Estas primeiras semanas están sendo de adaptación ...e non só para os de 3 aniños, senon para todos/as. Estámonos adaptando a novos compañeiros/as e explorando novos recantos e xogos nas aulas e no patio. Estes primeiros dias son para disfrutar co xogo e cos amigos/as.
Durante as vacacións todos recollemos un montón de historias que ahora queremos contar , por eso o diálogo está sendo a actividade por excelencia na aula. Temos moito que practicar ,pois saber escoitar vai a ser fundamental para que os proxectos medren na aula.
Un dos temas de diálogo que ainda estes dias recordamos é o dos incendios. Este verán a maioria de nós cheirou o fume, escoitou os avións , mirou os montes queimados...Lemos as noticias que sairon no periodico sobre este tema e cada un libremente anotou o sentimento que lle producia ver o monte queimado.