15 nov 2012

ADRIANA XA TEN 3 ANOS

Seguimos cumplindo anos na clase de tres anos. Hoxe tocoulle a Adriana e tomamos biscoito con fanta. !!FELICIDADES, ADI¡¡

TIC TAC TIC TAC...CONTA ATRÁS PARA O MAGOSTO!

Mañá celebraremos o Magosto por todo o alto na Capela! O noso compañeiro Sergio pasou uns dias no Tameirón e ven cargadiño de castañas . ..asarémolas e paparémolas quentiñas!

11 nov 2012

ZOE XA TEN 3 ANIÑOS

Na aula de 3 anos celebramos o cumple de Zoe. Axudamos a facer a súa coroa de protagonista e comemos un biscoito feito pola súa avoa que estaba riquííííísimo. Parabéns Zoe.
FACENDO A COROA
ENSINANDO OS 3 DEDOS
SOPRANDO A TARTA
TODOS XUNTOS

8 nov 2012

INFORMACIÓN DE NOA.

Xa fai uns dias que Noa trouxo moitísima información sobre o noso proxecto recollida nun libriño.
Dentro atopamos as protagonistas do noso proxecto "As Uvas " como protagonistas dunha FÁBULA que leva por título "A Raposa e as Uvas".
Así foi como empezamos a descubrir aspectos singulares que caracterizan a este tipo de textos que nunca antes observaramos na aula. Ainda andamos a voltas con eles...e cada vez que vemos ou escoitamos unha fábula intentamos adiviñar cal é a moralexa!!










1 nov 2012

SEMANA DO SAMAÍN

Esta semana deixamos un pouco apartado o traballo dos proxectos nas aulas, pois a ocasión ben o merecia. Durante estes tres dias as nosas cabeciñas déronlle mil e unha voltas a celebración do Samaín.
(ilustración de Agust Eve)
ilustración de Philoméne 251)

Comezamos a semana facendo unha listaxe de todo o que nos da medo ou nos asusta , despois todos estes medos metémolos nunha caixa ó mesmo tempo que pronunciamos as palabras máxicas "VAITE MEDO QUE NON CHE QUERO!!"
A caixa atámola con mil e un fios para que os medos non puidesen escapar... foi parar o contenedor do lixo!! Que tranquiliños e que a gusto quedamos...



Dende o luns comezaron a chegar as primeiras cabazas e entre todos/as fixemos unha exposición que metia verdadeiro medooooo...e aprendemos unha canción para cantarlla a bruxa Maruxa.





O mércores para rematar a semana puxémonos mans na masa e elaboramos tres receitas de terror!!...ainda que moito medo non nos deron...pois papámolas nun periquete!
( ilustración de Debbie Bellaby) 

(ilustración de Bill Basso)

FANTASMAS!!!!



UÑAS DE BRUXA CON SANGUE!!!


OLLOS DE MONSTRO!!!