30 may 2014

VISITA DO ESCULTOR JONTXU ARGIBAY

Hoxe foi un venres especial na escola , visitounos o escultor Jontxu Argibay e ¡ENCANTOUNOS!.
Amosounos un montón de ferramentas coas que traballa, falounos dos materiais cos que fai as súas esculturas, o tempo que lle leva facelas...e un montón de cousas interesantes. Ademáis en directo fíxonos unha pequena escultura de agasallo para nós. Foi moi emocionante!
Ademáis como sabía que andábamos investigando sobre as árbores, quixo amosarnos como se talla a madeira con un tronco dos que temos na clase...todo un descubrimento!
En definitiva, unha mañán moi interesante...mirade,mirade!








17 may 2014

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

                                
                Galiza pode en min. E n-hai fortuna
                pra min coma esta gloria de querela.
               Amei a Galiza porque onte era miña.
               Agora a amo porque eu son seu....


                              XOSÉ MARIA DÍAZ CASTRO.

EMOCIONATE VISITA DOS BOMBEIROS!!!







 


13 may 2014

PARTICIPAMOS NA" FEIRA DA EDUCACIÓN"

Dende hoxe pódese visitar no Auditorio de Ribeira a "Feira da Educación" na que moitos centros de ensino do concello amosan en pequenos expositores parte do quefacer cotián nas aulas de cada centro educativo.
Animádevos a visitala cos vosos nenos/as porque será moi gratificante para eles/as ver os seus traballos expostos.
Estará aberta os dias 13, 14 e 15 de horario 09:30-14:00 e pola tarde de 16:00-19:00.
Así quedou o noso expositor...


BOSQUE DE OMA EN CONSTRUCCIÓN (PARTE II)






12 may 2014

XARDÍN DOS AROMAS

Andamos moi entretidos no noso horto, ¡¡ moito nos gusta remexer na terra !! Xa temos algunhas plantiñas aromáticas e seguirémolo completando...







5 may 2014

AS ÁRBORES TAMÉN NOS ALIMENTAN...



Este conto querémosllo adicar ós nenos/as do terceiro ciclo do CEP de Carreira. Grazas por ser tan xenerosos e vir a agasallarnos cos vosos contiños.