19 oct 2010

A QUE NOS RECORDA A HISTORIA DO PITIÑO BRANCO???

Si ledes con atención este precioso poema de Azucena Aria Correa, seguramente ás familias da Capela lles traerán recordos...uns terédelos moi moi recentes, e outros recordarédelos cun sorriso, porque xa quedan moi lonxe, eses primeiros dias de escola, cheos de nervios para os nenos/as, para as familias e tamén ...ainda que non o creades, para as mestras!


  • O pitiño branco
  • de crista vermella
  • comeza hoxe a escola
  • no medio da eira.


  • Intúe que a escola
  • é algo importante,
  • porque no poleiro
  • só fan preguntarlle:

  • -E ti?...vas á escola?
  • -Cando á escola irás?
  • -Se non vas á escola...
  • non aprenderás.

  • Onte pola noite
  • non pechaba ollo,
  • estaba nervioso
  • con todo ese embrollo.

  • O pitiño branco
  • non dorme, non soña,
  • faise mil preguntas
  • sobre iso da escola:

  • Haberá unha mestra?,
  • ou un educador?,
  • será un sitio frío?,
  • fará nel calor?

  • Que fago cando entre?,
  • terei que sentar?
  • Se non teño sitio...
  • poderei marchar?

  • Alí hai moita xente...
  • coñecerei a alguén?
  • Con quen xogo se...
  • non coñezo a ninguén?

  • E se quero caca
    ou facer pipí...
  • a quen llo debo eu
  • comentar ou dicir?

  • Se vou ao retrete
  • Saberei regresar?
    Quen a cremalleira
  • me axudará a pechar?

  • E se cando acabe
  • non me veñen buscar...
  • que fago? marchar?
  • ou pórme a chorar?

  • Estas e outras dúbidas
  • fanlle presentir
  • que iso da escola
  • non é para si.

  • Cando dorme, soña
  • coa avoa galiña.
  • Que emocionada
  • está a pobriña!:
  • -Como pasa o tempo!
  • Onte inda era ovo,
  • e hoxe o meu neto
  • é un alumno novo!

  • Espertou outra vez,
  • ás tres da mañá
  • e lembrou as cousas
    que lle mercou papá:

  • Un lapis, uns folios,
  • unhas cores, un traxe...,
  • Moitas máis cousas
    que se vou de viaxe!


  • O galo ergueuse
  • e chamou ao pitiño,
  • a pola mandou
  • bulir un pouquiño:
  • - Hai que bulir un pouco,
  • xa pasa da hora
  • correde ou non chegamos
  • cediño á escola.

  • Será que a escola
    - pensa o pitiño
  • se vai desprazando
  • cada minutiño?

  • Ai que nervios teño!
  • Xa estamos chegando
  • con pitas e pitos
  • eu voume atopando.

  • O pai, o galo
  • está preocupado...:
  • que fará o pito
  • cando estea esgotado?

  • Se a escola é
  • -cavila omellor que hai...
  • por que lle treme todo
  • á miña bela nai?

  • Que é iso que soa?
  • Que é ese timbre?.
    Non entro, non quero,
  • as miñas ás resístense.


  • Mamá dáme bicos,
  • papá dáme máis,
    nin que me fose
  • alén de Xangai!


  • Se me dan máis bicos,
  • voume suxeitar,
  • forte, moi forte,
  • non me hei soltar.


  • Chegou o momento,
  • xa teño que entrar,
  • saúdanme na porta...
  • isto vaime gustar.

  • Papá e mamá
    quedaron un pouquiño
  • por se tiña medo
  • de ficar soíño.


  • Aos poucos días
  • vai seguro á escola,
  • está pouco tempo,
  • máis todo controla.


  • E é que esta escola,
    a escola da eira,
  • ten un plan de entrada
  • que é de primeira.

CREAMOS O PITIÑO BRANCO!










ESTE É O RESULTADO...O NOSO PITIÑO BRANCO!



8 oct 2010

PRIMEIROS DIAS CHEOS DE NOVAS SENSACIÓNS.

Xa fai un mes que comezamos un novo curso e os máis pequerrechos da nosa escola estanse adaptando moi, pero que moi ben! Xa remitiron as bágoas e só se ven sorrisos nas nosas caras, pero ainda estamos explorando este novo mundo para nós. Para iso temos que mirar, falar, tocar,desfacer, ulir...libremente, e pouquiño a pouco establecemos todos xuntos as normas da aula que nos axudarán a aprender a observar, aprender a escoitar, a recoller,a desenvolver hábitos de autonomia e de hixiene...
Deixamos unhas fotiños para que vexades que non perdemos o tempo e que o pasamos moi ben descubrindo os novos aromas da nosa escola!


OUTRO CUMPLE...OUTRA FESTA! RICARDO SOPROU 3 VELAS!FELICIDADES!