Si ledes con atención este precioso poema de Azucena Aria Correa, seguramente ás familias da Capela lles traerán recordos...uns terédelos moi moi recentes, e outros recordarédelos cun sorriso, porque xa quedan moi lonxe, eses primeiros dias de escola, cheos de nervios para os nenos/as, para as familias e tamén ...ainda que non o creades, para as mestras!
- O pitiño branco
- de crista vermella
- comeza hoxe a escola
- no medio da eira.
- Intúe que a escola
- é algo importante,
- porque no poleiro
- só fan preguntarlle:
- -E ti?...vas á escola?
- -Cando á escola irás?
- -Se non vas á escola...
- non aprenderás.
- Onte pola noite
- non pechaba ollo,
- estaba nervioso
- con todo ese embrollo.
- O pitiño branco
- non dorme, non soña,
- faise mil preguntas
- sobre iso da escola:
- Haberá unha mestra?,
- ou un educador?,
- será un sitio frío?,
- fará nel calor?
- Que fago cando entre?,
- terei que sentar?
- Se non teño sitio...
- poderei marchar?
- Alí hai moita xente...
- coñecerei a alguén?
- Con quen xogo se...
- non coñezo a ninguén?
- E se quero caca
ou facer pipí... - a quen llo debo eu
- comentar ou dicir?
- Se vou ao retrete
- Saberei regresar?
Quen a cremalleira - me axudará a pechar?
- E se cando acabe
- non me veñen buscar...
- que fago? marchar?
- ou pórme a chorar?
- Estas e outras dúbidas
- fanlle presentir
- que iso da escola
- non é para si.
- Cando dorme, soña
- coa avoa galiña.
- Que emocionada
- está a pobriña!:
- -Como pasa o tempo!
- Onte inda era ovo,
- e hoxe o meu neto
- é un alumno novo!
- Espertou outra vez,
- ás tres da mañá
- e lembrou as cousas
que lle mercou papá:
- Un lapis, uns folios,
- unhas cores, un traxe...,
- Moitas máis cousas
que se vou de viaxe!
- O galo ergueuse
- e chamou ao pitiño,
- a pola mandou
- bulir un pouquiño:
- - Hai que bulir un pouco,
- xa pasa da hora
- correde ou non chegamos
- cediño á escola.
- Será que a escola
- pensa o pitiño - se vai desprazando
- cada minutiño?
- Ai que nervios teño!
- Xa estamos chegando
- con pitas e pitos
- eu voume atopando.
- O pai, o galo
- está preocupado...:
- que fará o pito
- cando estea esgotado?
- Se a escola é
- -cavila omellor que hai...
- por que lle treme todo
- á miña bela nai?
- Que é iso que soa?
- Que é ese timbre?.
Non entro, non quero, - as miñas ás resístense.
- Mamá dáme bicos,
- papá dáme máis,
nin que me fose - alén de Xangai!
- Se me dan máis bicos,
- voume suxeitar,
- forte, moi forte,
- non me hei soltar.
- Chegou o momento,
- xa teño que entrar,
- saúdanme na porta...
- isto vaime gustar.
- Papá e mamá
quedaron un pouquiño - por se tiña medo
- de ficar soíño.
- Aos poucos días
- vai seguro á escola,
- está pouco tempo,
- máis todo controla.
- E é que esta escola,
a escola da eira, - ten un plan de entrada
- que é de primeira.
CREAMOS O PITIÑO BRANCO!
ESTE É O RESULTADO...O NOSO PITIÑO BRANCO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario