18 dic 2012

MOITAS FELICIDADES A SANTI E NOA



Santi e Noa celebraron hoxe o seu aniversario, ainda que non cumpren os tres anos ata final de mes. De tódolos xeitos,  !!!MOITOS PARABÉNS¡¡¡  e graciñas polo biscoito e os zumes.

14 dic 2012

HISTORIA DO APALPADOR

Esta semana fixemos a primeira saida do curso a Santiago para ver a obra de títeres  "Historia do Apalpador".
Para os máis pequechos foi a primeira excursión e demostraron que son moi valentes e uns verdadeiros campeóns!!!




13 dic 2012

12/12/12 ...RECITANDO A CELSO EMILIO

Na Capela quixémonos unir nesta data tan especial o acto de recitado público da obra do poeta Celso Emilio Ferreiro e conmomorar así o centenario do nacemento dunha das voces fundamenais da literatura galega.
As 12:00 da mañá reunímonos no patio para recitar o poema Inverno...FOI MOI FERMOSO!!






2 dic 2012

¿QUÉ É UN CORAL?

Esta semana Elena trouxo a clase un coral. Buscamos información no diccionario e na enciclopedia e o mellor foi que o puidemos observar de cerca, tocalo...e imaxinar o máxico que é o fondo do mar.