21 ene 2016

BELEZA E AMOR NUNHA SOA PALABRA: O NOSO NOME.


O noso nome é especial, moitas veces, antes incluso de nacer os nosos pais, a nosa familia, soña xa con él. 
Que nos chamen polo noso nome conéctanos coa nosa esencia, coas nosas raíces...
Sen dúbida, cando lle amosas por primeira vez a palabra escrita do seu nome a un neno/a é un momento especial, moi significativo para eles/as, e por íso se emprega moitas veces como o primeiro texto para achegalos á lectoescritura. 
Cadaquén ao seu ritmo, e cando a súa motricidade fina llo permita, lograrán escribilo cada vez de forma máis convencional.
Sendo eu o modelo, a quén vexan escribir e ler e sendo eu quén lles achegue e facilite os materiais e lles amose a maneira de empregalos, só me queda unha cousa...esperar pacientemente a que o acaden soíños. 
Será un aprendizaxe significativo, motivador...que impulsará aos que veñan despois.






Na tribu africana dos Himbas, as nais conectan co neno/a que vai a nacer e crean a "súa canción". Con esta canción o neno/a é recibido ó nacer e cada vez que este necesite apoio especial, a tribu cántalle a súa canción, para así recordarlle quén é...

Mirade que fermosa a historia desta tribu africana...

(http://wabbblalogia.wordpress.com/2013/10/03/existe-una-tribu-en-africa/)




No hay comentarios: