Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles
nasín,
nuha alborada mainiña,
nunha alborada de
abril.
Por eso me chaman
Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para
todos,
sin ningunha para ti.
Des que te quixen,
ingrato,
todo acabou para min,
que eras para min todo,
miña groria ,
meu vivir.......
O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
ROSALIA DE CASTRO .
No hay comentarios:
Publicar un comentario