A obra de Maruja Mallo " Sorpresa do trigo" foi o eixo motivador elexido este ano para conmemorar o dia da muller traballadora na nosa escola. Nesta obra pódese ver como das mans traballadoras desta muller xorde o trigo, o pan.
Esta é Maruja Mallo, pintora galega, que como moitas outras mulleres da historia son para a gran maioria descoñecidas, pero que merecen ser recordadas pola sua gran obra e por defender a liberdade das mulleres desafiando as convencións sociais da sua época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario