27 oct 2012

INFORMACIÓN DE PABLO: FASES DA ELABORACIÓN DO VIÑO

A familia que Pablo ten en Ourense, fíxonos chegar unhas fantásticas fotos onde se pode ver todo o proceso de elaboración do viño. Proxectámolas no encerado dixital para comentalas e sobre elas escribimos palabras significativas : viñedos, vendima, tractor, mosto, viño, lagareta, barril...




26 oct 2012

XEOMETRIA NAS FROITAS: ¿CALES DESTAS FROITAS AGOCHAN UNHA ESTRELIÑA DE 5 PUNTAS?

                                                                 
MANDARINA
                 
                                                           
MAZÁ VERDE
                                         
                             
PERA

                             
DESCARTAMOS A GRANADA PORQUE TEN 6 PUNTAS















23 oct 2012

PERSONAXE DA SEMANA...

Seguimos completando o noso libriño de personaxes de contos. Esta semana tocalle a " Tartaruga" do conto da editorial OQO  "A tartaruga que queria durmir"







20 oct 2012

INFORMACIÓN DE SABELA

Sabela ten na súa casa 4 variedades de viñedos,e trouxonos nun mural unha folla de cada tipo de vide e o nome dalguns viños.

XEOMETRIA NAS FROITAS: A LARANXA









O CIRCO DOS CARACOIS

Esta semana chegou o circo ó noso concello, e moitos dos nosos alumnos/as foron ver o espectáculo. Falamos moito sobre o que viron, o que máis lles gustou e tamen sobre o que menos pois reflexionamos un pouquiño sobre o que supón para un animal salvaxe estar enxaulado...
Deixámosvos unha animación moi bonita sobre un circo moi singular...O CIRCO DOS CARACOIS!!

19 oct 2012

OUTONO TEMPO DE COGUMELOS






XEOMETRIA NAS FROITAS DE OUTONO

Boa parte desta semana adicámola a observar formas na natureza, en concreto nas froitas da tempada. Despois intentamos representalas con diferentes materiais.
Primeiro,como non podia ser doutra forma, tocoulle as protagonistas do noso proxecto...as uvas!!
Para iso observamos o acio de uvas dunha obra de Maruja Mallo, despois en equipos, intentamos representar a forma do acio de uvas e por último, cada un buscou estratexias para representar sobre o papel o seu propio acio de uvas o cal pintaron con acuarelas.






12 oct 2012

VARIEDADE DE UVAS E DE VIÑOS EN GALICIA

Sergio achéganos dende a súa casa moitísima información sobre os tipos de uvas e os respectivos viños de Galicia.
Sobre un mapa de Galicia foi marcando o nome das uvas e o viño que se fai con elas; así puidemos saber que coa uva albariña faise o viño Albariño nas Rias Baixas, coa variedade de loureiro faise o viño da Ribeira Sacra, coa uva mencia faise o viño de Valdeorras, co torrontés  viño do Ribeiro e co merenzao o viño da comarca de Monterrei.
Ademais puidemos ver fotografias de grandes extensións de viñedos das respectivas comarcas.