Sergio achéganos dende a súa casa moitísima información sobre os tipos de uvas e os respectivos viños de Galicia.
Sobre un mapa de Galicia foi marcando o nome das uvas e o viño que se fai con elas; así puidemos saber que coa uva albariña faise o viño Albariño nas Rias Baixas, coa variedade de loureiro faise o viño da Ribeira Sacra, coa uva mencia faise o viño de Valdeorras, co torrontés viño do Ribeiro e co merenzao o viño da comarca de Monterrei.
Ademais puidemos ver fotografias de grandes extensións de viñedos das respectivas comarcas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario