19 oct 2012

XEOMETRIA NAS FROITAS DE OUTONO

Boa parte desta semana adicámola a observar formas na natureza, en concreto nas froitas da tempada. Despois intentamos representalas con diferentes materiais.
Primeiro,como non podia ser doutra forma, tocoulle as protagonistas do noso proxecto...as uvas!!
Para iso observamos o acio de uvas dunha obra de Maruja Mallo, despois en equipos, intentamos representar a forma do acio de uvas e por último, cada un buscou estratexias para representar sobre o papel o seu propio acio de uvas o cal pintaron con acuarelas.






12 oct 2012

VARIEDADE DE UVAS E DE VIÑOS EN GALICIA

Sergio achéganos dende a súa casa moitísima información sobre os tipos de uvas e os respectivos viños de Galicia.
Sobre un mapa de Galicia foi marcando o nome das uvas e o viño que se fai con elas; así puidemos saber que coa uva albariña faise o viño Albariño nas Rias Baixas, coa variedade de loureiro faise o viño da Ribeira Sacra, coa uva mencia faise o viño de Valdeorras, co torrontés  viño do Ribeiro e co merenzao o viño da comarca de Monterrei.
Ademais puidemos ver fotografias de grandes extensións de viñedos das respectivas comarcas.




8 oct 2012

ANIVERSARIO DE ALBA

 
ALBA XA CUMPREU 3 ANOS E OS COMPAÑEIROS CELEBRÁMOLO CON ELA E UN BISCOITO QUE ESTABA RICO, RICO...
 

5 oct 2012

¿QUÉ PASOU COAS EIRUGAS?

O curso pasado non puidemos ver todo o ciclo da vida das eirugas de seda , pois cando nos fomos de vacacións as eirugas quedaban dentro do casulo. Moitos nenos/as acordáronse xa o primeiro dia delas, e hoxe por fin!!.. abrimos a caixa...os maiores xa sabian o que nos íamos atopar pero a cara dos demáis foi todo un poema...Como era de esperar as eirugas sairan do casulo transformadas en bolboretas pero estas xa estaban mortas posto que só viven durante uns dias, os necesarios para poñer os ovos dos que nacerán as novas eirugiñas...eso será cara a primavera.



ENFERMIDADES DA VIDE ...

 Esta semana Marco, Duván e Yeróm trouxeron unhas follas de vide . Fixámonos que a de Marco era un pouco diferente as demáis pois tiña unhas manchas de cor amarelas e marróns... todos /as pensamos que era porque a folla comezaba a secarse pero hoxe Juan mentres xogaba no recanto da biblioteca descubriu na enciclopedia unha fotografia moi parecida a da folla de Marco...lemos o que poñia e descubrimos que o que lle pasaba a folla e que podia estar contaxiada por unha enfermidade que afecta as vides, o mildeu.




3 oct 2012

OBRAS DE ARTE NAS QUE APARECEN UVAS





Comeza a chegar das casas moita información sobre o nosos proxecto.


O primeiro que facemos cando chega información e clasificala, pois chega información moi variada :  información que se refire a forma e tipos de uvas, as partes da vide, enfermidades da vide, a vendima, a elaboración do viño...e moitas máis cousas curiosas que iremos amosando. Gracias familias por colaborar!