Fixemos carteis e colgámolos polo contorno da nosa escola , neles ademáis invitamos á xente a donar alimento de can e gato para logo levar a unha protectora . A cambio deste alimento , regalamos un mandala dos que facemos con tanto cariño na aula.
E AQUÍ A NOSA SORPRESA!! XA LEVAMOS MÁIS DE 200 KILOS RECOLLIDOS!!
¿Non é emocionante que un pequeno xesto implique a tanta xente? Os artífices desta campaña son nenos/as de 3, 4 e 5 anos que coas súas escrituras (moitas veces desvaloradas porque se corresponden a etapas previas á etapa alfabética ) logran un xesto de paz tan grande. O segredo, poñerlle valor ao que fan, porque o fan dende o corazón.
Sen dúbida pensamos que será unha actividade que recordarán moito tempo porque estivo dotada de significado para eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario