Esta semana comparamos a forma do esquelete de varios animais co noso. Tamén aprendemos que os animais que teñen esquelete interno chámanse vertebrados e os que non o teñen invertebrados.
Despois de consultar moitos libros e tamén facer consultas en internet, o que fixemos foron duas listaxes , nunha anotamos os nomes dos animais vertebrados que coñecemos e noutra os invertebrados.
As escrituras son libres, cada un escribe poñendo en práctica todas as suas capacidades. Escriben segundo a etapa na que se atopan, e por iso son todas fantásticas e moi valiosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario