1 nov 2012

SEMANA DO SAMAÍN

Esta semana deixamos un pouco apartado o traballo dos proxectos nas aulas, pois a ocasión ben o merecia. Durante estes tres dias as nosas cabeciñas déronlle mil e unha voltas a celebración do Samaín.
(ilustración de Agust Eve)
ilustración de Philoméne 251)

Comezamos a semana facendo unha listaxe de todo o que nos da medo ou nos asusta , despois todos estes medos metémolos nunha caixa ó mesmo tempo que pronunciamos as palabras máxicas "VAITE MEDO QUE NON CHE QUERO!!"
A caixa atámola con mil e un fios para que os medos non puidesen escapar... foi parar o contenedor do lixo!! Que tranquiliños e que a gusto quedamos...



Dende o luns comezaron a chegar as primeiras cabazas e entre todos/as fixemos unha exposición que metia verdadeiro medooooo...e aprendemos unha canción para cantarlla a bruxa Maruxa.





O mércores para rematar a semana puxémonos mans na masa e elaboramos tres receitas de terror!!...ainda que moito medo non nos deron...pois papámolas nun periquete!
( ilustración de Debbie Bellaby) 

(ilustración de Bill Basso)

FANTASMAS!!!!



UÑAS DE BRUXA CON SANGUE!!!


OLLOS DE MONSTRO!!!



2 comentarios:

EEI CAPELA dijo...

Preciosas as ilustracións. Rosa eres unha artista, UUUUAUUUU.

EEI CAPELA dijo...

artista seria se foran miñas!! jajaja...pero vai ser que non..Gracias compañeira...será que teño boa maestra...