Comezamos falando e apuntando todo o que xa sabiamos sobre nós mesmos: que temos 3 anos, que xa non somos bebés, que temos que estar limpos e non andar sucios, coñeciamos moitas partes do corpo: cabeza,barriga, pernas...
Despois puxémonos mans a obra, e quixemos comprobar moitos datos:
-Trouxemos patucos e calcetíns de cando éramos bebés e comparámolos cos nosos zapatos.
- Canto mido?
- Canto peso?
Todos estes datos fómolos recollendo en gráficas e murais que nos serviron para comparar tódo-los datos. Sempre baixo as nosas propias comprobacións resolvemos a pregunta de quén é o máis alto/a , o máis baixo/a, o que máis pesa...??
MURAL DAS PARTES DO CORPO.
CADA DIA MIRAMOS PEQUENAS CURTAS PARA ANIMAR O DIÁLOGO NA ASAMBLEA .
No hay comentarios:
Publicar un comentario