ALBA XA CUMPREU 3 ANOS E OS COMPAÑEIROS CELEBRÁMOLO CON ELA E UN BISCOITO QUE ESTABA RICO, RICO...
8 oct 2012
5 oct 2012
¿QUÉ PASOU COAS EIRUGAS?
O curso pasado non puidemos ver todo o ciclo da vida das eirugas de seda , pois cando nos fomos de vacacións as eirugas quedaban dentro do casulo. Moitos nenos/as acordáronse xa o primeiro dia delas, e hoxe por fin!!.. abrimos a caixa...os maiores xa sabian o que nos íamos atopar pero a cara dos demáis foi todo un poema...Como era de esperar as eirugas sairan do casulo transformadas en bolboretas pero estas xa estaban mortas posto que só viven durante uns dias, os necesarios para poñer os ovos dos que nacerán as novas eirugiñas...eso será cara a primavera.
ENFERMIDADES DA VIDE ...
3 oct 2012
Comeza a chegar das casas moita información sobre o nosos proxecto.
O primeiro que facemos cando chega información e clasificala, pois chega información moi variada : información que se refire a forma e tipos de uvas, as partes da vide, enfermidades da vide, a vendima, a elaboración do viño...e moitas máis cousas curiosas que iremos amosando. Gracias familias por colaborar!
2 oct 2012
1 oct 2012
29 sept 2012
ARRANCAMOS CON FORZA O PRIMEIRO PROXECTO DO CURSO: "AS UVAS"
Esta semana comezamos o primeiro proxecto do curso. Moitos dos nenos/as da aula estes dias chegaban contando que nas suas casas andaban facendo o viño e que eles/as mesmos vendimaban coas suas familias. O tema, polo tanto , non pode ser máis motivador.
O venres fomos todos/as vendimar , pois as uvas xa están maduras e listas para recoller,coa colleita fixemos viño mosto...estaba moi doce,boísimo! Ademáis comeza a chegar a aula a información que nos mandan as familias.
25 sept 2012
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
Cada semana deste 1º trimestre, traballaremos un personaxe dun conto. O primeiro que eleximos foi o protagonista dun conto que nos encantaaaa "A figueira de Pelostortos".
DESPEDIMOS O VRAN !!!
As obras de Maruja Mallo axudáronnos a recordar o ben que o pasamos nas vacacións do vran. Todos/as pasamos moito tempo na praia e por iso nos encantou poder tocar, ulir, escoitar, compoñer, crear...cos tesouros do mar.
Traballamos en pequenos equipos e fixemos composicións moi orixinais que despois explicamos ao resto de compañeiros/as.
OBRAS DE MARUJA MALLO
O NOSO TRABALLO
OBRAS DE MARUJA MALLO
O NOSO TRABALLO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















