11 oct 2016

MANDALAS E ALGO MÁIS...

Entendemos a arte como expresión de ideas, de sentimentos, de desexos e tamén como un contexto de vida e relación comunitaria.
Este primeiro mandala fixémolo conectándonos cos nosos sentimentos, co amor á natureza e co sentirnos parte dunha comunidade.
O traballo en grupo, en equipo, lévanos a experimentar alegrías e emocións por acadar un mesmo obxectivo.
Vivimos con tremendo entusiasmo o proceso e emocionámonos ao ver o resultado.
¿Non vos parece fermoso?....