24 abr 2013

TRABALLANDO A ILUSTRACIÓN

Alá polo mes de Febreiro, no día da Candeloria comezamos este traballo de ilustración. Con moitos papeliños de diferentes cores e texturas, cada un de nós fixo o seu paxariño, agora puxémoslle son, e este é o resultado...esperamos que vos guste tanto coma a nós!


11 abr 2013

SEN MEDO DA FORMIGUIÑA FOMOS O MERCADO......

Dende hai varias semanas, tódolos luns e en pequenos grupiños, estamos indo o mercado comprar alimentos ricos en calcio e en vitamina D...pois como sabemos xa, son os máis beneficiosos para os nosos ósos. Despois papámolos na hora da merenda: queixo, iogures, laranxas, améndoas, avelás...ata sardiñas en lata quixemos merendar!










9 abr 2013

XOGAMOS A PENSAR

Que situacións nos recordan os bonequiños de Haring? Qué fan? A dónde van? De qué falan?En qué pensan? ......






7 abr 2013

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS

O venres visitáronnos na escola os axentes forestais.Viñéronnos contar a historia de Teixuguiño e recordamos a importancia de coidar e respectar a natureza e tódolos seres que viven nela.
Grazas pola visita! Encantounos!!





COÑECEMOS A OBRA DE KEITH HARING...FIGURAS EN MOVEMENTO.